Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIROS BDT. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OBRADOIROS BDT. Mostrar todas las entradas

27 jun 2011

OBRADOIRO "PINTURA EN TELA"


                                                                                                                     
OBRADOIRO: "PINTURA EN TELA" 


28/06/2011

17:30h
 
 
 
O Banco Municipal do Tempo do Concello de Ourense organiza para mañá martes un obradoiro de pintura en tela impartido por unha socia do banco. Levarase a cabo ás 17:30h nas dependencias da Concellaría.
 Concellaría da Igualdade. Rúa do Ensino  núm 24,  O Couto (Ourense)
E-mail: concelleriamuller@ourense.es.;  Tfnos: 988-37.44.01  //  988-393191
                                     Fax: 988/21.64.41

24 mar 2011

Obradoiro: Sementa de patacas










Obradoiro:
"Sementa de patacas"

Días: Sábado 26 de marzo
            Martes 29 de marzo

Hora: Sábado 11:00h.
            Martes 16:00h. 


O Banco Municipal do Tempo do Concello de Ourense organiza un obradoiro sobre a sementa de patacas.
A actividade levarase a cabo no terreo dunha socia do BdT, en dúas sesións:
- A primeira para preparar o terreo, e aproveitando a fin de semana compartir unha boa comida para repoñer forzas.
-  A segunda para realizar a sementa.

Serán dúas xornadas cheas de bos momentos, compartindo traballo, impresións, anécdotas...


21 mar 2011

OBRADOIRO: ELABORACIÓN ORELLAS DE ENTROIDO










Obradoiro:
"Elaboración Orellas de Entroido"

Día: Luns 21 de marzo
Hora: 18:00h.


Dende o Banco Municipal do Tempo do Concello de Ourense organízase un obradoiro sobre a elaboración das orellas de Entroido. A actividade será impartida por unha socia do BdT.
Bo probeito!


26 ene 2011

Síntese do obradoiro "Achegamento ao funcionamento dun horto escolar e/ou familiar".


OBRADOIRO:
Achegamento ao funcionamento dun horto escolar e/ou familiar”.






O pasado martes día 25 de xaneiro, o Banco Municipal do Tempo desenvolveu un obradoiro de aproximación ao funcionamento dun horto escolar e/ou familiar, que unha das persoas asociadas se comprometeu a desenvolver, posto que aglutina amplos coñecementos nesta temática, e que xurdiu do interese dalgunhas persoas asociadas ao servizo.

Tras esta primeira sesión teórica, a persoa asociada que o imparte propuxo ás persoas interesadas acudiren ao campo fisicamente para continuar co obradoiro, proposición que aceptaron de bo grado boa parte das persoas asistentes posto que, posuíndo xa unhas nocións básicas a nivel teórico, desexan ampliar os seus coñecementos noutra sesión práctica.

19 ene 2011

Obradoiro "Achegamento ao funcionamento dun horto escolar e familiar"



Obradoiro:
"Achegamento ao funcionamento dun horto escolar e familiar".

Día: Martes 25 de xaneiro.
Hora: 16:15h.
Lugar de encontro: dependencias da Concellaría de Igualdade (CIMM).


Dende o Banco Municipal do Tempo do Concello de Ourense desenvolverase o vindeiro día 25 de xaneiro ás 16:15h nas dependencias da Concellaría de Igualdade un obradoiro sobre a temática dos hortos escolares e familiares, que está aberto a toda aquela persoa asociada ao servizo interesada.



A actividade será impartida por unha socia do Banco do Tempo, tratándose dunha breve primeira aproximación teórica a esta filosofía, coa posibilidade de continuar a actividade acudindo ao campo fisicamente.