13 ene 2011

II ENCONTRO ENTRE AS PERSOAS ASOCIADAS AO BANCO DO TEMPO

II TEMPO-COMÚN ENTRE AS PERSOAS ASOCIADAS E/OU INTERESADAS


O Banco Municipal do Tempo do Concello de Ourense organizou para o pasado mércores día 12 de xaneiro nas dependencias da Concellaría de Igualdade ás 19:30h. o seu segundo encontro, ao que se convida mensualmente a todas as persoas asociadas a compartir en común o seu tempo. Presentáronse ás novas persoas asociadas e/ou que viñan por vez primeira a un encontro, comentouse como foran os primeiros intercambios, as novas expectativas que poideran xurdir, etc. Finalmente, boa parte das persoas asistentes interactuaron entre si para levar a cabo unha ampla variedade de intercambios (reparación dunhas bicicletas, nocións básicas de informática e/ou introdución ás novas tecnoloxías, confección dun disfrace de entroido, confección dun labor de costura, realización dun porte, etc.). Ademais, un grupo de persoas asociadas xa acordaron levar a cabo un pequeno “obradoiro de agricultura”, que está aberto a toda aquela persoa socia que queira unirse e participar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario