18 ene. 2011

CATÁLOGO DE RECURSOS - Xaneiro 2011


Catálogo de recursos: SERVIZOS a intercambiar
Banco do Tempo do Concello de Ourense – Xaneiro 2011

SERVIZOS

1.- Realización de tarefas relacionadas co manexo das novas tecnoloxías:
1 Apoio e/ou nocións básicas para a utilización do teléfono móbil.
2 Iniciación na creación de páxinas web, deseño gráfico, photoshop, etc.
3 Montaxes audiovisuais.
4 Nocións básicas de fotografía.
5 Nocións básicas de informática.
6 Nocións básicas e/ou introdución ás novas tecnoloxías.
7 Nocións intermedias de informática.
8 Nocións sobre: CAD (Deseño asistido por ordenador).
9 Nocións sobre programas informáticos especializados: CAD, NXT, VRAY, 3DMAX.
10 Pasar escritos a ordenador.

2.- Axuda coas tarefas escolares:
1 Escoita activa.
2 Apoio e/ou nocións básicas en inglés para nenas e/ou nenos en idade escolar.
3 Apoio pedagóxico e especial.
4 Apoio xeral.
5 Apoio xeral e/ou coñecementos básicos de matemáticas, historia, etc.
6 Nocións de cultura xeral.
7 Nocións de debuxo técnico (xeometría descritiva).
8 Nocións de plástica.
9 Coñecementos de historia da arte.
10 Introdución, coñecementos e/ou nocións sobre galego.
11 Escola de Nais e Pais.
12 Estudo biográfico.
13 Formación en horta escolar e/ou familiar.
14 Idiomas (conversacións, nocións básicas, etc.): francés, inglés, italiano, galego, español, etc.
15 Orientación (p.ex. técnicas de estudo).
16 Psicomotricidade para nenas e/ou nenos en idade escolar.

3.- Realización de tarefas domésticas ou as relacionadas coa subministración doméstica ou reparacións domésticas:
1 Algunha actividade en relación coa carpintería e/ou moblería.
2 Apoio en mudanzas e/ou pequenos portes.
3 Apoio para levar a cabo tarefas da horta, gandería, etc. (sen
experiencia).
4 Apoio puntual nalgunha actividade de carga e descarga de
moblería.
5 Compras.
6 Confeccionar unhas cortinas.
7 Coser á máquina.
8 Coñecementos sobre cultivo na horta, agrícolas, gandería, etc.
9 Elaboración puntual de menús.
10 Facer recados en relación con actividades do día a día.
11 Limpeza de cristais.
12 Máquina de coser para levar a cabo uns amaños puntuais.
13 Nocións básicas de cociña.
14 Nocións básicas de costura.
15 Nocións básicas de labor de gancho.
16 Nocións básicas de punto de cruz.
17 Nocións sobre cociña (comida e repostaría).
18 Prestar unha máquina de coser para algún labor de costura.
19 Realización de labores de costura.
20 Realización de labores de gancho.
21 Realización de labores de punto de cruz.
22 Reparacións e/ou amaños de fontanería.
23 Reparacións no fogar de todo tipo (p.ex.: persianas, cisternas, quentadores...).
24 Traballo doméstico / limpeza.

4.- Axuda para a realización de xestións de índole administrativa:
1 Acompañamento a diferentes servizos (administrativos,
sanitarios, sociais, bancarios, farmacéuticos, veciñais, fiscais...).
2 Cumprimentación e/ou entrega de impresos.
3 Servizos de negocios e/ou asesoramento.

5.- Acompañar en actividades relacionadas co tempo de lecer:
1 Acompañamento ó baile (baile para a terceira idade, baile de salón, salsa, sevillanas, etc.).
2 Acompañar a algunha persoa a pasear.
3 Acompañar/programar rutas de sendeirismo, culturais, etc.
4 Actividade e/ou coñecementos sobre bolillos.
5 Actividades en relación co eido deportivo (andar en bicicleta).
6 Actividades en relación co eido deportivo (golf).
7 Actividades relacionadas co benestar psicosocial.
8 Actividades relacionadas co ámbito deportivo vario.
9 Actividades relacionadas con habilidades artísticas.
10 Aprender a tocar algún instrumento (a guitarra).
11 Conversar coa xente maior na súa casa.
12 Coñecemento e/ou participación na cultura, gastronomía, tradicións, entorno, costumes, etc.
13 Coñecementos e/ou intercambio de opinións sobre o cine.
14 Ensinar a tocar algún instrumento (a guitarra).
15 Entrenamento e/ou participación con nenas e/ou nenos no deporte (fútbol).
16 Lectura (ensinar a ler).
17 Lectura (ler un fragmento dun libro, un capítulo, un episodio, etc.).
18 Ocupación do ocio e tempo libre vario (actividades culturais, deportivas, etc.).
19 Recitais de poesía propia e/ou creación poética.
20 Transmisión da cultura, tradicións, vivencias, etc.
21 Transmisión de cultura, coñecementos, hábitos, tradicións, vivencias, etc. de Cuba.
22 Vainicas.
23 Xogar unha partida de cartas.
24 Xogar ó parchís.

6.- Labores de coidado:
1 Algún tipo de mobilización (persoa maior, menor, etc.).
2 Atención a menores.
3 Atención a persoas maiores.
4 Atención e coidado de animais e/ou plantas.
5 Atención e/ou compaña a unha persoa enferma e/ou inmobilizada.
6 Atención/acompañamento a persoas con algún tipo de diversidade funcional.
7 Consellos sobre benestar.
8 Consellos sobre benestar (colchonería e/ou moblería).
9 Consellos sobre nutrición (dieta equilibrada, etc.).
10 Corte e/ou coidado do cabelo (a nivel básico), para algunha persoa en situación de necesidade.
11 Ir a buscar medicamentos a algunha persoa que os precise, a unha persoa de idade avanzada, etc.
12 Manicura, pedicura, coidado do cabelo, etc. para xente inmobilizada.
13 Pedicura.
14 Un labor de afeitado para xente que o precise (dificultades de mobilidade, económicas, etc.).

7.- Labores de compaña:
1 Acompañamento a algunha persoa interesada ao cine.
2 Acompañamento a pasear a algunha persoa de idade avanzada.
3 Acompañamento/atención a menores.
4 Acompañamento/atención a persoas maiores.
5 Compaña dentro do fogar.
6 Compaña fóra do fogar.

8.- Outras:
1 Apoio deportivo.
2 Asesoría e orientación para diferentes ámbitos da vida diaria.
3 Bailoterapia (salsa, merengue, etc.).
4 Coñecementos de pilates.
5 Dieta e nutrición.
6 Estiramentos en xeral.
7 Masaxe antiestrés e automasaxe.
8 Masaxes (deportivos).
9 Masaxes xerais.
10 Meditación, relaxación.
11 Nocións artísticas.
12 Orientación laboral.
13 Preparación física xeral.
14 Reflexoloxía.
15 Traballos de agricultura (p.ex.: poda, cultivo, etc.).
16 Transportes e axuda en desprazamentos.
17 Reiki.


1 comentario:

  1. Dende o Banco do Tempo, publicado por vez primeira o catálogo de recursos actualizado, animámosvos ás persoas interesadas e/ou ás xa asociadas a incorporar novos servizos que teñan utilidade para os intercambios e que aínda non estean recollidos neste listado.

    ResponderEliminar