22 dic 2010

Ligazón de interese: VIVIR SEN EMPREGO

VIVIR SIN EMPLEO

Informamos a todas aquelas persoas que desexen ampliar os seus coñecementos sobre a filosofía dos Bancos do Tempo e iniciativas de análoga natureza consultedes este blog que pode ser do voso interese.

7 dic 2010

I ENCONTRO ENTRE AS PERSOAS ASOCIADAS AO BANCO DO TEMPO

I TEMPO-COMÚN ENTRE AS PERSOAS ASOCIADAS E/OU INTERESADAS



O Banco do Tempo do Concello de Ourense, que botou a andar a comezos do mes de novembro e xa conta con máis de dez persoas asociadas, organizou para o pasado mércores 1 de decembro o “I Tempo-común entre as persoas asociadas e/ou interesadas” que tivo lugar nas dependencias da Concellaría de Igualdade ás 16:00h onde estes puideron coñecerse, interactuar entre si, intercambiar coñecementos, afeccións, aptitudes, necesidades, etc. Actualmente, aglutina xente de moi diversas idades e algunhas persoas xa se comprometeron a realizar algún intercambio, sendo polo momento a informática unha das actividades máis demandadas e as reparacións no fogar unha das máis ofertadas.


1 dic 2010

Charla informativa sobre o Banco Municipal do Tempo AA.VV. "BARROCÁS"









CHARLA INFORMATIVA:







"O BANCO






MUNICIPAL






DO TEMPO"


 
Intervirán:

Marta Arribas González, Concelleira de Igualdade
Edesio Díaz González, Coordinador do Banco do Tempo

 
Lugar: AA.VV. BARROCÁS

Data: 9/12/10

Hora: 19:15h





29 nov 2010

Charla informativa sobre o Banco Municipal do Tempo AA.VV. "ARRANXAR"







CHARLA INFORMATIVA:






"O BANCO






MUNICIPAL






 DO TEMPO"




Intervirán:

Marta Arribas González, Concelleira de Igualdade
Edesio Díaz González, Coordinador do Banco do Tempo



Lugar: AA.VV. ARRANXAR

Data: 2/12/10

Hora: 20:00h


Charla informativa sobre o Banco Municipal do Tempo AA.VV. "PONTE CANEDO"










CHARLA INFORMATIVA:






"O BANCO






MUNICIPAL






DO TEMPO"





Intervirán:

Marta Arribas González, Concelleira de Igualdade
Edesio Díaz González, Coordinador do Banco do Tempo


Lugar: AA.VV. PONTE CANEDO

Data: 2/12/10

Hora: 18:30h



Charla informativa sobre o Banco Municipal do Tempo AA.VV. "SAN BREIXO DE SEIXALBO"






CHARLA INFORMATIVA:






"O BANCO






MUNICIPAL






DO TEMPO"




Intervirán:

Marta Arribas González, Concelleira de Igualdade
Edesio Díaz González, Coordinador do Banco do Tempo



Lugar: AA.VV. SAN BREIXO DE SEIXALBO

Data: 1/12/10

Hora: 20:00h

26 nov 2010

Charla informativa sobre o Banco Municipal do Tempo AA.VV. "RABO DE GALO"











CHARLA INFORMATIVA:






"O BANCO






MUNICIPAL






DO TEMPO"

 

Intervirán:

Marta Arribas González, Concelleira de Igualdade
Edesio Díaz González, Coordinador do Banco do Tempo


 
Lugar: AA.VV. RABO DE GALO

Data: 30/11/10

Hora: 18:00h


25 nov 2010

Charla informativa sobre o Banco Municipal do Tempo AA.VV. "A CHAVASQUEIRA"









CHARLA INFORMATIVA:








"O BANCO





MUNICIPAL





DO TEMPO"



Intervirán:
Marta Arribas González, Concelleira de Igualdade
Edesio Díaz González, Coordinador do Banco do Tempo



Lugar: AA.VV. A CHAVASQUEIRA
Data: 29/11/10
Hora: 19:00h







23 nov 2010

XORNADAS MUNICIPAIS SOBRE OS BANCOS DO TEMPO





As "Xornadas Municipais sobre os Bancos do Tempo" que tiveron lugar os días 3 e 4 de novembro do 2010 no Liceo de Ourense contaron o día 3 coa presenza de estudosas da filosofía e os usos sociais dos tempos, tales como, Carolina Recio Cáceres - socióloga asociada ao Centre d`Estudis Sociològics QUIT da Universitat Autònoma de Barcelona - e Josefina Altés Campá - coordinadora dos Bancos do Tempo da "Associació Salut i Família", Barcelona. O día 4 co obxectivo de írmonos aproximando máis á nosa realidade comunitaria pois en cada lugar o recurso conta coa súa propia idiosincrasia comunitaria organizamos unha mesa de experiencias na que confluíron Chus Gutiérrez Candame - coordinadora do Banco do Tempo do Concello da Coruña -, Sacha Buján Balsa - coordinadora do Banco do Tempo do Concello de Ferrol - e Carmen Guerra Prado - coordinadora do Banco do Tempo do Concello de Monforte de Lemos -. Xa para rematar presentamos o Banco do Tempo do Concello de Ourense onde explicamos cal ía a ser a nosa estratexia nos vindeiros meses no tocante á campaña de difusión e divulgación.

Nesta ilusionante andaina da Concellaría de Igualdade por sensibilizar ao conxunto da poboación das vantaxes de construír redes comunitarias de apoio á conciliación, tal e como recolle a Lei 2/2007 do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, a través dos Bancos do Tempo o que pretendemos é poñer unha ferramenta máis a disposición da cidadanía que contribúa á mellora da súa calidade de vida e nos conduza a unhas relacións sociais en pé de equidade en todas as esferas vitais.

A resposta por parte da cidadanía ante o primeiro convite, consideramos que foi bastante positiva contando ámbolos dous días con persoas de moi variadas idades e tendo lugar ao finalizar as poñencias nutridos debates sobre a temática do servizo, e mesmo interesándose algunha persoa por apuntarse e comezar a intercambiar o seu tempo en canto fose posible.

22 nov 2010

Charla informativa sobre o Banco Municipal do Tempo "ASOCIACIÓN DE VIÚVAS Mª ANDREA"






CHARLA INFORMATIVA:






"O BANCO





MUNICIPAL





DO TEMPO"






Intervirán:

Marta Arribas González, Concelleira de Igualdade
Edesio Díaz González, Coordinador do Banco do Tempo



Lugar: ASOCIACIÓN DE VIÚVAS Mª ANDREA

Data: 26/11/2010


Hora: 18:30h

Charla informativa sobre o Banco Municipal do Tempo AA.VV. "SANTA MARTA DE VELLE" E ASOCIACIÓN DE M.R. "VOLVORETA" DE VELLE





CHARLA INFORMATIVA:






"O BANCO





MUNICIPAL





DO TEMPO"






Intervirán:
Marta Arribas González, Concelleira de Igualdade
Edesio Díaz González, Coordinador do Banco do Tempo



Lugar: AA.VV. "SANTA MARTA DE VELLE" E ASOCIACIÓN DE M.R. "VOLVORETA" DE VELLE

Data: 24/11/2010

Hora: 18:00h

19 nov 2010

Charla informativa sobre o Banco Municipal do Tempo "AA.VV. VIRXE DE COVADONGA" E ASOCIACIÓN DE M.R. "XESTA" DE COVADONGA










CHARLA INFORMATIVA:






"O BANCO





MUNICIPAL





DO TEMPO"






Intervirán:
Marta Arribas González, Concelleira de Igualdade
Edesio Díaz González, Coordinador do Banco do Tempo



Lugar: AA.VV. "VIRXE DE COVADONGA" E ASOCIACIÓN DE M.R. "XESTA" DE COVADONGA

Data: 23/11/2010

Hora: 18:00h

2 nov 2010

INAUGURACIÓN DO BANCO MUNICIPAL DO TEMPO














Dende a Concellaría de Igualdade do Concello de Ourense levamos a cabo a presentación oficial do Banco Municipal do Tempo ante os medios de comunicación o pasado 2 de novembro do 2010 anunciando, á súa vez, que deseguido os días 3 e 4 de novembro desenvolveríamos no Liceo de Ourense as "Xornadas Municipais sobre os Bancos do Tempo" co gallo da implementación do servizo na cidade e de cara á promoción desta novidosa alternativa que poñemos en valor e que está aberta ao conxunto da cidadanía.

8 oct 2010

Conclusións trala "I Xornada dos Bancos do Tempo de Galicia"

“I Xornada dos Bancos do Tempo de Galicia”

CONCLUSIÓNS


Mesas Convocadas:

  • Situación actual dos Bancos do Tempo en Galicia.
  • En qué derivaron os Bancos do Tempo: Necesidades da Poboación. Medida Conciliadora: Realidade ou non?
  • Fidelización das persoas usuarias.
  • Problemática coa entrega de cheques por parte das persoas usuarias.
Conclusións aportadas por Josefina Altés Campá, coordinadora dos Bancos do Tempo de Cataluña.

SITUACIÓN ACTUAL DOS BANCOS DO TEMPO EN GALICIA:

- Falta de medios económicos e mal reparto dos mesmos.

- Necesidade de coordinación entre todos os Bancos do Tempo.

- Falta de continuidade.

- Convencemento e conscientización política escasa.

- A Mancomunidade non se implica.

- A Xunta descoñece o funcionamento real do servizo.


EN QUÉ DERIVARON OS BDT: NECESIDADES DA POBOACION. MEDIDA CONCILIADORA: REALIDADE OU NON?

1.- FORTALEZAS:
- O que mellor funciona é a participación social espontánea.
- Son as persoas asociadas as que ao fin determinan os propios obxectivos de cada Banco.
- Nas cidades hai máis incentivos e máis necesidades, para que certos grupos de poboación procuren servizos como os proporcionados por un Banco do Tempo, por mor da ausencia de redes informais tradicionais de apoio mutuo (os barrios das cidades teñen a súa propia particularidade e poden asemellarse ás áreas rurais no que atinxe ás interaccións).
- Nos medios rurais, os seus Bancos do Tempo poden funcionar de xeito máis igualitario e participativo, sen xerarquías nin dependencia de líderes ou dunha clase administrativa profesional.

2.- FEBLEZAS:
- Menor presenza masculina entre as persoas usuarias, agás excepcións (un dos Bancos do Tempo de Portugal conta maioritariamente con homes) tendo como proporción media 70% mulleres/30% homes.
- Existe o risco de que os Bancos do Tempo rematen por funcionar como parches de políticas e servizos sociais, substituto precarizado das institucións públicas e o Estado de benestar.
- A conciliación da vida persoal, laboral e familiar non é doada de acadar, posto que iso require unha presenza cotiá nas esferas nas que veñen sendo diacronicamente subestimadas as mulleres.
- Hai problemas de orzamento, de equipamento, espazo e sobor de todo de garantir a continuidade dos Bancos do Tempo, afectados pola temporalidade da axuda económica e técnica achegada polo Estado.

3.- LECCIÓNS:
- Importancia da función sanitaria que poden desenvolver: mellora na calidade de vida, o servizo de atención psicolóxica, a súa función como rede de apoio para xente en situación de vulnerabilidade e grupos en risco de exclusión: no caso de pasamentos, soidade, pacientes, necesidades de transporte. Isto dáse principalmente en Bancos do Tempo de zonas deficientemente comunicadas.
- Fundamentalmente nos Bancos do Tempo urbanos é importante a figura dunha persoa técnica para levar a cabo as labores de secretariado, dinamización do servizo, etc.
- Necesidade de que os Bancos do Tempo sexan plurais e flexibles nos seus obxectivos e funcionamento, adaptados ao seu contorno.
- A tendencia a unha maior presenza feminina responde a factores históricos e culturais que fixaron os roles de xénero (ausencia ata fai pouco de espazos de socialización para as mulleres) mais é removible.
- Pónse en valor o tempo das mulleres, das persoas xubiladas, paradas, etc. Mellora a conciliación malia as insuficiencias e eivas.
- Importancia dunhas Normas de funcionamento claras e sinxelas, así como dunha axeitada entrevista de idoneidade para dar as altas ao servizo.

FIDELIZACIÓN DAS PERSOAS USUARIAS:
  • En reunións de persoas usuarias expoñer carteis e/ou listaxes coas ofertas e demandas máis salientables e novidosas das novas e antigas persoas usuarias.
  • Fomentar a participación de persoas usuarias menores de idade e con isto tamén se podería conseguir despertar o interese nos seus titores e/ou nas súas titoras.
  • Intercambios grupais entre entidades e entre persoas usuarias de xeito autónomo, sendo esta unha maneira de motivalos a que se chamen entre eles.                    
  • Fomentar que as persoas usuarias ofrezan os seus servizos aos que os demandan de xeito directo mediante contacto telefónico.
  • Fomentar a participación autónoma das persoas usuarias, sen necesidade de que interveña a organización do Banco á hora de realizar os trocos.

PROBLEMÁTICA COA ENTREGA DE CHEQUES POR PARTE DAS PERSOAS ASOCIADAS:
  • Debido a que as persoas usuarias non entregan os cheques de tempo na Secretaría do Banco do Tempo, proponse numerar as chequeiras previamente para así facilitarlles o labor.
  • En relación coas dúbidas que as novas persoas usuarias poidan ter á hora de cubriren os cheques de tempo proponse que as horas de crédito sexan xustificadas cun obradoiro de formación sobre o funcionamento do servizo.

VALORACIÓN REALIZADA POR JOSEFINA ALTÉS CAMPÁ (Coordinadora dos Bancos do Tempo da Associació Salut i Família, Barcelona):

Valoro positivamente a elevada participación de numerosos Bancos do Tempo espallados por toda a comunidade galega nesta primeira xornada e o interese amosado polas persoas asistentes.

Os puntos negativos do proxecto que se detectan son os mesmos ou semellantes en todos os Bancos do Tempo: precariedade económica para o mantemento do proxecto, contratación de persoal xestor a través de plans de emprego que non permiten continuidade no posto de traballo, pouca implicación das administracións, etc.

Malia todos estes puntos negativos, o interese en continuar co proxecto e incluso de abrir novos Bancos do Tempo noutros concellos, afianza o proxecto dos Bancos do Tempo en Galicia e pón de manifesto a necesaria coordinación entre eles.

Dende as Administracións deberá terse en conta dita implicación da cidadanía activa na mellora da convivencia a través do apoio mutuo, e darlle o soporte necesario para un mellor aproveitamento, mediante un reparto máis equilibrado das axudas económicas.

A implicación na xestión das secretarías de persoal voluntario derivado das propias asociacións veciñais, culturais, etc. debe ser recoñecida e apoiada, facilitando a formación que precisen para un mellor desenvolvemento da súa tarefa.

Como derradeiro consello, é boa idea a convocatoria de reunións de intercambio de experiencias e coordinación de actividades conxuntas entre Bancos do Tempo de Galicia, así como a realización de obradoiros de formación para os membros das secretarías, para os que se poderían solicitar subvencións específicas.










29 sept 2010

Visita ao Banco do Tempo de Allariz


O pasado día 8 de setembro acudimos a Allariz a coñecer o seu Banco do Tempo, esperiencia piloto no 2007, e que se ben alí se xestiona dende unha asociación comparte trazos comúns coas experiencias municipais como é o noso caso. Dentro da etapa de formación do Banco do Tempo, fundamental para o posterior desenvolvemento do servizo, consideramos fundamentais as visitas a outros Bancos do Tempo de referencia e ademais de Allariz, viaxamos a coñecer o Banco do Tempo do Concello de Xinzo de Limia e o de Valadares (Vigo) entroutros.

28 sept 2010

O Banco do Tempo do Concello de Ourense asistiu á "I Xornada dos Bancos do Tempo de Galicia"



Desde a Concellaría de Igualdade do Concello de Ourense ratificamos o noso compromiso coa posta en marcha do Banco Municipal do Tempo asistindo o seu coordinador e a técnica de igualdade á "I Xornada dos Bancos do Tempo de Galicia" celebrada o pasado 25 de setembro en Valadares (Vigo).

13 sept 2010

"I Xornada dos Bancos do Tempo de Galicia"

 

O Banco do Tempo do Centro Veciñal e Cultural de Valadares (Vigo) organiza para o sábado 25 de Setembro do 2010 a "I Xornada dos Bancos do Tempo de Galicia".

 
PROGRAMA:


25 de setembro do 2010. Horario: 10:00 – 19:30h.

09:30 – 10:00h. ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN.

10:00 – 10:30h. APERTURA DO ACTO:
Presidente do CVC de Valadares; D. Gregorio Álvarez.
Representantes de distintas Administracións e Entidades.

10:30 – 11:30h. ADMINISTRACIÓN PÚBLICA E OS BANCOS DO TEMPO EN GALICIA:
Consellería de Traballo e Benestar.
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.
Concellería de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá. Concello de Vigo.

11:30 – 12:45h. CONSOLIDACIÓN DOS BANCOS DE TEMPO EN CATALUÑA E PORTUGAL:
Banco do Tempo de Barcelona. Josefina Altés. Coordinadora dos Bancos de Tempo da Associació Salut i Família. Barcelona.
Banco do Tempo de Portugal. Associaçao Graal. Como funciona o Banco Central de Portugal. Funcionamento en rede.

12:45h – 14:00h. DIFERENTES XESTIÓNS DOS BdT EN GALICIA:
Relatorio Banco do Tempo de Allariz: xestión do BdT dende o asociacionismo. LHOSCA ARIAS.
Relatorio Banco do Tempo de Lalín: funcionamento dun BdT municipal. SILVIA SANJURJO.
Relatorio Banco do Tempo de Salceda de Caselas: funcionamento do seu Banco do Tempo. MÓNICA VIZCAYA (Concellería de Benestar Social, Igualdade e Consumo). NATIVIDADE CHICOTE DE MIGUEL (Coordinadora do BdT).
Relatorio Banco do Tempo de Vilagarcía: o Banco do Tempo dende unha agrupación. DOLORES CARBALLO (presidenta e coordinadora).
Relatorio Banco do Tempo de Valadares: o Banco do Tempo dende un colectivo veciñal. TERE RAMILO (Coordinadora do BdT do CVC de Valadares).

As poñencias serán moderadas por D. TEODORO PIÑEIRO.

14:30h. COMIDA DE TRABALLO (2h).
Presentacións individuais das persoas asistentes, coa finalidade de que interrelacionen entre si.

16:30h. INICIATIVAS INNOVADORAS:
Banco do Tempo de Portugal.
Banco do Tempo de Valadares: Troco.
Banco do Tempo de Vedra: Gravación de curtos sobre Bancos do Tempo. Camiño Xacobeo con Barcelona.

16:30h. XORNADA TÉCNICA CON MESAS REDONDAS:
Diferentes grupos de debate simultáneos coa intención de tratar as problemáticas máis habituais coas que nos atopamos día a día nos BdT:
  • Situación actual dos Bancos do Tempo en Galicia.
  • Problemática coa entrega de cheques por parte dos e das usuarias.
  • Fidelización dos e das usuarias.
  • En qué derivaron os Bancos do Tempo: Necesidades da poboación. Medida conciliadora: realidade ou non?
Analizará ditas conclusións Josefina Altés.

19:30h. CLAUSURA.

10 sept 2010

BANCO DO TEMPO DO CONCELLO DE OURENSE

¿QUE É O BANCO DO TEMPO?
É un novo recurso da Concellaría de Igualdade que permite intercambiar de xeito gratuito tarefas con outras persoas do noso concello, utilizando como moeda simbólica o tempo. Baséase na axuda mutua veciñal e parte do respecto interpersoal, garantindo a confidencialidade das persoas que interveñen no mesmo.

A Lei 2/2007, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia, incorpóraos ao ámbito público e político integrando deste xeito un sistema de intercambio de labores comunitarios relacionados coa conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

¿QUÉN PODE PARTICIPAR?
Todas as persoas do noso concello -mulleres e homes- que sexan maiores de idade e estean interesadas en intercambiar con outras o seu tempo dispoñible realizando tarefas puntuais sen percibir remuneración económica algunha, é dicir, non son traballos profesionais nin de economía sumerxida. Para formalizar a adhesión ao Banco do Tempo é preciso inscribirse nas dependencias da Concellaría de Igualdade.

¿QUÉ SERVIZOS SE PODEN TROCAR?
De maneira puntual e non profesional pódense intercambiar:
  • Tarefas relacionadas co manexo das novas tecnoloxías.
  • Axuda coas actividades escolares e/ou formativas.
  • Realización de labores domésticos e de reparacións ou amaños sinxelos no fogar.
  • Axuda en xestións de índole administrativa.
  • Acompañamento en actividades relacionadas co lecer, ocio e tempo libre (rutas de sendeirismo, culturais, deporte, teatro, etc.).
  • Labores de coidado e compaña.
  • Acompañamento en xestións relacionadas con diversos servizos (farmacéuticos, sanitarios, sociais, bancarios, fiscais, veciñais, etc.).

¿CÓMO FUNCIONA?
É importante estar en disposición non só de recibir senón tamén de dar, pois o Banco configúrase como un sistema de intercambio de tempo entre persoas e/ou grupos a través de actividades, experiencias, coñecementos, habilidades, etc.

A unidade dese intercambio é a hora, independentemente do servizo ou actividade a ofrecer ou demandar. Todas as actividades posúen o mesmo valor, que vén dado en función do tempo invertido en levalas a cabo.

Cada persoa que participa no Banco do Tempo disporá dun talonario de tempo que empregará no momento de facer o "pago en horas" polos servizos que lle foron prestados. Do mesmo xeito, cando esta persoa vaia facer un servizo a outra asociada, recibirá un cheque polo valor do tempo que empregou no seu intercambio.



¿QUE SE PROCURA?
Como obxectivo xeral:
  • Conciliar a vida persoal, familiar e laboral da poboación, promovendo a igualdade entre mulleres e homes do noso Concello.
Como obxectivos específicos:
  • Impulsar e fornecer as redes sociais, fomentando os valores de reciprocidade, solidariedade e cooperación.
  • Mellorar a calidade de vida e impulsar a participación de todos os sectores da poboación na dinámica do tempo da cidade.
  • Reducir a corrente individualista da nosa sociedade e promover actitudes que favorezan a integración e a conciencia colectiva.

PRINCIPIOS BÁSICOS:
Paridade entre as persoas: as tarefas diacronicamente subestimadas como as do eido doméstico e o coidado das persoas, posúen o mesmo valor que as mellor valoradas socialmente.

Igualdade: procura integrar a aqueles sectores de poboación que posúan dificultades de inclusión social.

Reciprocidade: promoven entre a cidadanía os valores non só de recibir, senón tamén de dar de xeito gratificante e auténtico.

Interculturalidade: promove o coñecemento e enriquecemento mutuo de diversos grupos étnicos e/ou culturais.

Responsabilidade: o Banco do Tempo desempeñará un papel de mediador entre as partes que intercambien os servizos, que asumen plenamente a responsabilidade das mesmas.
¿INTERÉSACHE PARTICIPAR?
Contacta con nós a través das seguintes vías: